PescaGalicia
Portal de Formación Pesqueira

Preguntas Frecuentes

Preguntas máis frecuentes

Que é o que preciso para probar un curso?

Que preciso para matricularme nun destes cursos?

Como podo crear unha conta de correo electrónico se non teño?

Como me podo conectar a internet se non teño contratado ese servizo?

Que preciso para obter o título?

Que vou poder tripular?

Que é o que preciso para probar un curso?

Se queres ver como funcionan os cursos de teleformación, debes premer onde pon "Ver un curso de proba" ou ben directamente, premer para entrar na plataforma.

Como xa se che indica na entrada, onde pon "Usuario" tes que escribir demo e, onde pon "contrasinal", tes que escribir tamén a palabra demo

VOLVER ARRIBA

Que preciso para matricularme nun destes cursos?

Se queres matricularte nun dos cursos de Patrón Costeiro Polivalente:

  • Residir no territorio da Comunidade Autónoma Galega
  • Ter cumpridos os 17 anos de idade
  • Estar en posesión do Caderno de Inscrición Marítima
  • Estar en posesión do Certificado de Competencia de Mariñeiro
  • Estar en posesión do Graduado Escolar, do graduado en Ensinanza
  • Secundaria ou do certificado de ter superado o exame de Patrón Local de Pesca

Deberás enviar a documentación que segue:

  1. Cubrir os datos
  2. Fotocopia do DNI
  3. Dúas fotos tamaño carné
  4. Documento acreditativo de seres residente na Comunidade Autónoma Galega
  5. Fotocopia da 1ª folla do Caderno de Inscrición Marítima onde conste o folio
  6. Fotocopia do Certificado de Competencia de Mariñeiro
  7. Certificado médico ou fotocopia do Caderno onde figure este (as fotocopias dos documentos presentados terán que ser cotexadas nas delegacións da Consellería do Mar, ou na confraría de pescadores que corresponda).
  8. Título do Graduado Escolar, de Ensinanza Secundaria ou de Patrón Local de Pesca. Neste último caso, aceptarase o certificado acreditativo da superación do exame.

Ao enderezo seguinte:

Referencia: Curso Web de Patrón Costero Polivalente
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro
Rúa dos Irmandiños s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela

Para Patrón Costeiro Polivalente:

Debes cumprir os requisitos que seguen:

  1. Residir no territorio da Comunidade Autónoma Galega
  2. Ter cumpridos os 17 anos de idade
  3. Estar en posesión do Caderno de Inscrición Marítima
  4. Estar en posesión do Certificado de Competencia de Mariñeiro

Deberás enviar a documentación que segue:

  1. Cubrir o formulario de datos persoais
  2. Fotocopia do DNI
  3. Dúas fotos tamaño carné
  4. Documento acreditativo de seres residente na Comunidade Autónoma Galega
  5. Fotocopia da 1ª folla do Caderno de Inscrición Marítima onde conste o folio
  6. Fotocopia do Certificado de Competencia de Mariñeiro
  7. Certificado médico ou fotocopia do Caderno onde figure este (as fotocopias dos documentos presentados terán que ser cotexadas nas delegacións da Consellería do Mar, ou na confraría de pescadores que corresponda).

(as fotocopias dos documentos presentados terán que ser cotexadas nas delegacións da Consellería do Mar, ou na confraría de pescadores que corresponda)

Lembra que, para realizar un curso na modalidade de teleformación, é imprescindible ter unha conta de correo electrónico e conexión a internet.

Tamén están dispoñibles cursos de Ofimática dirixidos a persoal pesqueiro (inscrito nalgunha confraría) e a persoal da Administración da Consellería do Mar. O curso de Powerpoint é o único con titorización e seguimento do alumno. O resto está dispoñible como ferramenta de consulta. Debes acreditar a pertenza a algunha das entidades citadas.

Referencia: Curso Web de Powerpoint
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación
Rúa dos Irmandiños s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela

Cando a túa documentación chegue ao departamento de formación da Consellería, matricularante no curso e recibirás por correo electrónico todo o necesario para poderes entrar á plataforma de teleformación

VOLVER ARRIBA

Como podo crear unha conta de correo electrónico se non teño?

Para crear unha conta de correo electrónico, son recomendables os servizos seguintes:

Gmail - Premer en "Apúntate a Gmail", abaixo á dereita

Yahoo - Premer en "Crea a túa conta gratis", arriba á dereita

VOLVER ARRIBA

Como me podo conectar a internet se non teño contratado ese servizo?

Existe unha rede de telecentros, un servizo público e de balde onde poderás informarte de como dispor dun ordenador con conexión a internet. Podes ampliar a información preguntado directamente no teu concello.

Na web de Maptega atoparás un mapa de Galicia con máis telecentros e, directamente, en esta listaxe poderás buscar o teu telecentro máis próximo.

Actualmente, a maioría das bibliotecas públicas tamén contan con ordenadores con conexión á disposición dos socios.

Se queres saber cal é a biblioteca pública máis próxima, noDirectorio de bibliotecas públicas de Galiciapoderalas atopar se elixes primeiro a provincia á que pertences

Se tes máis dúbidas, consulta aspreguntas frecuentessobre este portal, ou ben podes completar este formulario de consulta (lembra deixar os teus datos de contacto)

VOLVER ARRIBA

Que preciso para obter o título?

A duración mínima do curso de Patrón Costeiro é de 600 horas. Para conseguires a titulación, deberás asistir ao curso e aprobar un exame extraordinario.

VOLVER ARRIBA

Que vou poder tripular?

Atribucións:

  1. Mando de buques pesqueiros de ata 20 metros de eslora entre perpendiculares e 300 KW de potencia efectiva da máquina dedicado á pesca costeira, de litoral ou auxiliar de acuicultura, e a unha distancia de ata 60 millas da costa por fóra das liñas de base definidas de acordo coa Lei 10/1977, do 4 de xaneiro, sobre mar territorial e delimitación das liñas de base rectas establecidas no Real Decreto 2510/1977, do 5 de agosto
  2. Enrolarse como oficial encargado da garda de navegación en buques dedicados á pesca de litoral
  3. Exercer de segundo de máquinas en buques pesqueiros nos que a xefatura corresponda a mecánico naval de 2ª clase.

VOLVER