PescaGalicia
Portal de Formación Pesqueira


Benvido ao CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

Se desexas realizar o curso nesta web, informámoste de que o curso de Manipulador de alimentos ten unha parte presencial, polo que durante o curso terás que te presentar nunha localidade, que tentaremos que sexa próxima á túa, para efectuares as prácticas. Así mesmo, comunicámosche que, para obteres o título académico, será necesario superar unha proba, co que deberás realizar un exame perante un tribunal das escolas náutico-pesqueiras.

Para poder acceder a este curso, cómpre reunir os requisitos que seguen:

REAL DECRETO 662/97 de 12/5 BOE nº 129 do 30/05/97

DECRETO 290/2003,DO 4 DE XUÑO,POLO QUE SE FIXAN AS NORMAS RELATIVAS Á FORMACIÓN DE MANIPULADORES DE ALIMENTOS,O PROCEDEMENTO DE AUTORIZACIÓN DE EMPRESAS E ENTIDADES DE FORMACIÓN E SE CREA O REXISTRO DELAS

Denominación do curso: OPERADOR MANIPULADOR DE PRODUTOS PESQUEIROS FRESCOS
Duración mínima: 36 horas
Modo de conseguir a titulación: Teleasistencia ao curso web. Ademais, deberás aprobar un exame presencial extraordinario.



Requisitos:

      Residir no territorio da Comunidade Autónoma Galega
      Ter cumpridos os 17 anos de idade
      Estar en posesión do Caderno de Inscrición Marítima



Documentación que se debe enviar á Consellería, ao enderezo seguinte:

     Referencia: Curso Web de Manipulador de alimentos
     Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
     Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro
     Rúa dos Irmandiños s/n - Salgueiriños
     15701 Santiago de Compostela

* Unha vez recibida a seguinte documentación, activaráseche a clave de entrada no curso.

a) Cubrir o formulario de datos persoais.
b) Fotocopia do DNI
c) Dúas fotos tamaño carné
d) Documento acreditativo de seres residente na Comunidade Autónoma



Obxectivo:

CAPACITAR AO MANIPULADOR EN MATERIA DE HIXIENE ALIMENTARIA PARA MINIMIZAR OU ELIMINAR OS RISCOS POTENCIAIS PARA A SAÚDE DOS CONSUMIDORES ASOCIADOS Á ACTIVIDADE LABORAL QUE DESENVOLVAN