PescaGalicia
Portal de Formación Pesqueira

Benvido á área formativa de pescagalicia.com. Existen dúas formas de matrícula:

  • Na Aula Virtual para realizar os cursos en liña. Se desexas empregar os nosos servizos formativos, informámostee de que están dispoñibles o curso de PATRÓN COSTEIRO POLIVALENTE , o curso de PATRÓN LOCAL DE PESCA e o curso de MANIPULADOR DE ALIMENTOS no que disporás dun servizo de titorías que pretenden facilitarche o teu labor. Tamén che informamos de que o curso ten unha parte presencial, polo que durante o curso terás que te presentar nunha localidade, que tentaremos que sexa próxima á túa, para efectuares as prácticas. Así mesmo, comunicámosche que para obter o título, será necesario superar unha proba, polo que terás que presentarte a un exame perante un tribunal das escolas náutico-pesqueiras.
  • Para alumnos matriculados nos cursos presenciais nas confrarías ou profesores. Se es alumno dun curso presencial nunha confraría de patrón costeiro polivalente ou de patrón local de pesca, podes solicitar o uso do curso como complemento de estudo sen estares matriculado; abondará con que cubras os datos da ficha anexa e, en breve, autorizarémosche a entrada no curso desde a data de incio do curso ata o exame do curso presencial. Neste caso, non disporás de titor como acontece cos alumnos matriculados no web, pero si disporás de todos os elementos formativos que compoñen o curso. Do mesmo xeito, se es profesor dun centro de formación pesqueira da Comunidade Autónoma ou profesor dos cursos presenciais desta especialidade en confrarías, tamén poderás obter unha clave para poder empregar os elementos que compoñen os cursos.
  • Ver os cursos dispoñibles
  • Contactar con Secretaría
  • Apuntarme a un curso de informática
  • Preguntas frecuentes de formación