PescaGalicia
Portal de Formación Pesqueira

Normativa para a práctica de Titulacións Náutico-Deportivas

  • PATRÓN PARA NAVEGACION BÁSICA: Goberno de embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora se son de motor, coa potencia de motor axeitada á mesma e de ata 8 metros de eslora se son de vela, na que a embarcación non se afaste máis de 4 millas, en calquera dirección, do seu porto base. Condicións: Aproba-lo exame teórico correspondente e acreditar a realización das prácticas básicas de seguridade e de navegación de ó menos 4 horas na Escola de Navegación.
  • PATRÓN DE EMBARCACIÓNS DE RECREO: Goberno de embarcacións de recreo de ata 12 metros de eslora e potencia de motor axeitada, para a navegación que se efectúe na zona comprendida entre a costa e a liña paralela á mesma trazada a 12 millas, así como a navegación interinsular nos archipiélagos balear e canario. Condicións: Aproba-lo exame teórico correspondente e acredita-la realización das prácticas básicas de seguridade e de navegación de polo menos 3 días e 4 horas de navegación mínima cada día na Escola de Navegación.
  • PATRÓN DE IATE: Goberno de embarcacións de recreo de ata 20 metros de eslora e potencia de motor axeitada, para a navegación que se efectúe na zona comprendida entre a costa e a liña paralela á mesma trazada a 60 millas. Condicións: Estar en posesión do título de Patrón de Embarcacións de Recreo. Aproba-lo exame teórico correspondente e acredita-la realización das prácticas básicas de seguridade e de navegación de polo menos 4 días e 5 horas de navegación mínima cada día na Escola de Navegación.
  • CAPITÁN DE IATE: Goberno de embarcacións de recreo para a navegación sen limite algún, calquera que sexa a potencia do motor e as características da embarcación. Exceptuando as de maior de 24 metros. Condicións: Estar en posesión do título de Patrón de Iate. Aproba-lo exame teórico correspondente e acredita-la realización das prácticas básicas de seguridade e de navegación de polo menos 5 días e 4 horas de navegación mínima cada día na Escola de Navegación. Dos que un deberá ser de navegación nocturna.s
  • VELA PARA PATRÓN DE NAVEGACIÓN BÁSICA (Vela P.N.B.): Para obte-la titulación de vela, será necesario ademais de realiza-las prácticas de navegación e seguridade a motor, realizar unha práctica de 4 horas de navegación a vela.
  • P.E.R./ P.Y./C.Y. A VELA: Prácticas de vela que realizarán unha soa vez para calquera dos títulos de P.E.R., P.Y. e C.Y., que consiste en realizar catro prácticas de 4 horas cada unha de navegación a vela.
  • Para máis información consulte a ORDE de 17 de Xuño de 1997 pola que se regulan as condicións para o goberno de embarcacións de recreo (BOE 3.7.1997)