PescaGalicia
Portal de Formación Pesqueira

ACCESIBILIDADE

O portal de formación pescagalicia.com foi reformado e adoptamos unhas medidas co fin de mellorar o acceso á información e aos recursos que contén. Respectamos as seccións que xa existían, pero agora os contidos están máis claros e mellor estruturados.

Para mellorar a accesibilidade e o uso do portal, baseámonos nos estándares e recomendacións establecidas polo consorcio Word Wide Web W3C

Melloras na navegación

Como navegar no portal de Pescagalicia

A páxina de entrada principal ao portal está formada por unha animación e un menú horizontal na parte inferior. Podes acceder ás distintas seccións do portal desde calquera das dúas zonas. Se non podes ver a animación, é porque necesitas descargar unha extensión (pluguín), tal e como se che indicará automaticamente. Na sección de preguntas frecuentes atoparás unha explicación do que é un pluguín e de como se instala.

Unha vez dentro do portal, se premes en Pescagalicia na parte superior da páxina, serás conducido outra vez á páxina principal. Tamén podes elixir en que idioma queres ver o web: castelán ou galego.

Debaixo do debuxo da cabeceira atoparás outra vez o menú principal con todas as seccións dispoñibles no portal. Debaixo do menú atoparás as denominadas "migallas de pan" que che indican os pasos que seguiches na túa navegación

Lembra que ao final de todas as páxinas dispós tamén dun formulario de contacto e dunha sección de preguntas frecuentes.

Como navegar co teclado

Podes chegar ás secccións máis importantes do portal de Pescagalicia usando os atallos de teclado.

Teclas de acceso rápido

  • 0 Accesibilidade
  • 1 Mapa Web
  • 2 Novas
  • 3 Axenda
  • 4 Formación
  • 5 Recursos
  • 6 Ligazóns
  • 7 Contacto

O uso dos atallos de teclado dependen do navegador. Os máis frecuentes son os seguintes:

Navegador Combinacións de teclas
Internet Explorer ALT + atallo + ENTER
Firefox ALT + MAIÚSCULAS + atallo
Versións vellas Firefox ALT + atallo
Ópera MAIÚSCULAS + ESC e, a continuación, o atallo

Aumentar o tamaño do texto

A maioría dos navegadores inclúen a función de aumentar ou diminuír o tamaño do texto das páxinas web. Para aumentar o tamaño do texto:

Navegador Pasos que hai que seguir
Internet Explorer 6 Menú Ver, opción Tamaño do texto
Internet Explorer 7 Menú Páxina, opción Tamaño do texto
Firefox Menú Ver, opción Tamaño do texto
Ópera Menú Ver, opción Escala
Safari Menú Ver, opción Facer o texto máis grande

Desactivar imaxes e estilos

Algúns navegadores permiten visualizar a páxina web como texto plano:

Navegador Pasos que hai que seguir
Firefox Menú Ver, opción Estilo da páxina, opción Non hai estilo
Ópera Menú Ver, opción Estilo, opción Modo de Usuario

Conformidade cos estándares

En pescagalicia.com pretendemos que os contidos do web sexan atractivos graficamente, pero non queremos por iso renunciar á claridade e á facilidade de navegación.

Algúns destes contidos que se encontran na sección de recursos, vídeos e animacións, non son aínda accesibles a persoas con determinadas discapacidades. Seguimos a traballar para melloralo. Se atopas algunha dificultade para acceder a algún dos contidos ou para entendelos, por favor, comunícallo por correo electrónico ao administrador.