
Estás en: Inicio > Preguntas Frecuentes
Cal é o obxectivo deste portal?
Como podo estar informado das novidades formativas?
Como podo saber en que parte do portal estou?
Como me podo apuntar ao curso de Patrón Costeiro Polivalente? E ao de Patrón Local de Pesca?
Que necesito para facer un curso en liña?
Como podo buscar un recurso ou un libro?
Como podo contactar cos responsables de formación?
Por que non podo ver as animacións ou os vídeos?
Cal é o obxectivo deste portal?
O Portal Galego de Formación Pesqueira Pescagalicia.com ten por obxectivo cubrir as necesidades formativas deste sector en Galicia e ofrece recursos formativos en liña e unha plataforma de teleformación.
Quen promove este portal?
A Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
Como podo estar informado das novidades formativas?
A sección de novas e a axenda do portal pon á túa disposición información recente e anuncia os eventos que van ter lugar.
Como podo saber en que parte do portal estou?
Debaixo do menú principal da páxina atoparás unha ferramenta de navegación denominada "migallas de pan", que che vai permitir saber dunha maneira rápida, en cada momento, en que sección e/ou subsección estás. Olla un exemplo:
Estás en: Inicio > Recursos > Biblioteca
Este texto indícanos que nos encontramos na Biblioteca que está, á súa vez, na sección de Recursos. Se premes sobre Recursos, volverás a esa sección e, se premes directamente en Inicio, volverás á páxina inicial de Pescagalicia.
Como me podo apuntar ao curso de Patrón Costeiro Polivalente? E ao de Patrón Local de Pesca?
Existen dúas formas de matrícula:
Na Aula Virtual para realizar os cursos en liña.
Se desexas empregar os nosos servizos formativos, están dispoñibles o curso de PATRÓN COSTEIRO POLIVALENTE e o curso de PATRÓN LOCAL DE PESCA no que disporás dun servizo de titorías que pretenden facilitarche o teu labor. O curso, ademais, ten unha parte presencial, polo que durante a súa realización terás que te presentar nunha localidade, que tentaremos que sexa próxima á túa, para efectuar as prácticas. Así mesmo, comunicámosche que para obteres o título será necesario superar unha proba, polo que deberás presentarte a un exame perante un tribunal das escolas naútico-pesqueiras.
Para alumnos matriculados nos cursos presenciais nas confrarías ou profesores.
Se es alumno dun curso presencial nunha confraría, de patrón costeiro polivalente ou de patrón local de pesca, podes solicitar o uso do curso como complemento de estudo sen estares matriculado; abondará con que cubras os datos da ficha anexa e, en breve, autorizarémosche a entrada no curso desde a data de incio ata o exame do curso presencial. Neste caso non disporás de titor, como acontece para os alumnos matriculados na web, pero si disporás de todos os elementos formativos que compoñen o curso.
Da mesma maneira, se es mestre dun centro de formación pesqueira da Comunidade Autónoma ou profesor dos cursos presenciais desta especialidade en confrarías, tamén terás a posibilidade de contar cunha clave para poder empregar os elementos que compoñen os cursos.
Que necesito para facer un curso en liña?
Para faceres un curso en liña, é imprescindible que dispoñas dunha conta de correo electrónico para te matricular e conexión a internet para seguir o curso.
Se non dispós de conexión a internet, podes acudir ás bibliotecas ou telecentros que dispoñan de conexión.
No apartado de preguntas frecuentes de formación atoparás máis información.
Como podo buscar un recurso ou un libro?
A sección de recursos ten dous apartados importantes:
Librería: atoparás numerosos títulos e poderás descargar ou solicitar a información en pdf.
Outros materiais: aquí podes atopar vídeos, audios, fotografías, documentos, animacións, artigos e máis referencias bibliográficas doutras bibliotecas.
Como realizar as buscas
Introduce no cadro de texto a palabra ou palabras que queiras procurar e preme no botón Buscar. A continuación aparecerán os resultados, se houber.
Se queres buscar unha frase exacta, débela introducir entre comiñas. Por exemplo, "consellos básicos" non producirá os mesmos resultados se o introduces ou non entre comiñas.
Como podo contactar cos responsables de formación?
Podes acceder á Secretaría Virtual que hai no apartado de Formación e alí premer na icona que te leva ao formulario de contacto.
Dun xeito máis doado, no pé da páxina web, en calquera sección do portal, atoparás a opción "Contacto", que che dará paso tamén a un formulario de contacto.
Unha vez cuberto o formulario cos teus datos e as túas dúbidas, os responsables de formación recibirán a mensaxe e solucionarán a túa consulta na maior brevidade posible.
Recordatorio xeral
Lembra que tes tamén á túa disposición o mapa web do sitio, e tamén un formulario de contacto xeral para resolver dúbidas ou achegar suxestións.
O mapa web e o formulario de contacto encóntranse ao final do web, abaixo de todo.
Por que non podo ver as animacións ou os vídeos?
Para poder ver as animacións e os vídeos de pescagalicia, necesitas instalar o pluguín (aplicación informática) de Macromedia Flash. Se queres instalalo ou actualizalo, pódelo facer desde aquí: o pluguín de flash. Sigue as instrucións que che indiquen nesa páxina web.
© Xunta de Galicia 2007 Mapa web | Preguntas Frecuentes | Accesibilidade | Aviso Legal | Contactar